Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O PP muxián esixe negociar xa os Orzamentos

Imaxe do pleno de marzo en Muxia
Imaxe do pleno de marzo en Muxia
O PP muxián esixe negociar xa os Orzamentos

Xa estamos en marzo e o Concello de Muxía non ten visos de presentar os orzamentos. Ou así o percebe o PP muxián, que non ten recibido invitación ningunha para negocialos.

De aí que a voceira local, Sandra Vilela, amose a súa preocupación polo retraso na aprobación dun documento tan necesario para o desenvolvemento dun Concello, e pide que se negocien coa oposición canto antes.

Así mesmo, a portavoz municipal insta ao alcalde a incluír nestes orzamentos a proposta de estabilización aprobada en xuño de 2020. “No ano 2020 aprobouse en pleno, co apoio do PP, un plan de estabilización de persoal que cambia as condicións de 7 operarios de servizos múltiples, o animador e o monitor deportivo e os postos de varias operarias de limpeza”, explica Vilela. “Dende o 2020 están esperando a que ese acordo se cumpra e pasar a ter un contrato a xornada completa. Entendemos que esta proposta debe de ser incluida este ano nos presupostos sen demorar máis o cambio de situación destes empregados xa que, cada mes que pasa, é un prexuizo para eles e tamén para Muxía”.

Comentarios