Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Protección Civil rescata o cadáver dun home na praia muxiá do Coído

Protección Civil rescata o cadáver dun home na praia muxiá do Coído
Zona do Coido-Muxia Zona do Coído, en Muxía, onde foi atopado o cadáver

Pasaban das 2:30h da madrugada cando un veciño da zona alertaba ao 112 de que había un corpo flotando á beiriña do mar, nas augas do Coído, en pleno centro de Muxía. Rapidamente acodían varios efectivos de Protección Civil que conseguían rescatar o corpo sen vida dun home de nacionalidade estranxeira, duns 50 e pico de anos.

O levantamento do cadáver realizouse ás 6:00h, ao tempo de que aparecía tamén a súa mochila.

Tamén acodiron á zona 061-Urxencias Sanitarias e das Forzas da Orde. Así mesmo, informou a Salvamento Marítimo, Servizo de GardaCostas.

Fonte

Comentarios