mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Punta da Barca volve acoller o Festival Mar Aberto

Concertos na Punta da Barca
Imaxe dos Concertos na Punta da Barca do ano pasado
A Punta da Barca volve acoller o Festival Mar Aberto

O festival Mar aberto, concertos na fin da terra, organizado por Turismo de Galicia, continúa a desenvolverse esta fin de semana e terá como escenario o Faro Punta da Barca de Muxía. O ciclo de concertos, que comezou a pasada fin de semana no Faro de Corrubedo, chega á comarca este venres 2 de agosto coas actuacións de Señora dj, Mercedes Peón e Mondra e continuará o sábado 3 con Rapariga dj, Budiño e Zeltia Irevire.

A apertura de portas será o venres ás 19,30 horas e ás 20,15 horas comezará o espectáculo musical da man de Señora dj, comezando así a experiencia á beira do Santuario da Virxe da Barca de Muxía. Ás 20,45 horas continuará coa  actuación do artista galego Mondra, que cederá a testemuña sobre as 21,45 horas, á recoñecida artista galega Mercedes Peón que encherá o escenario de enerxía e boa vibración. Rematado o concerto, unha última sesión de Señora dj porá o punto final ás 00,00 horas. O sábado 3 de agosto será a quenda de Rapariga dj, Budiño e Zeltia Irevire.

Festival Mar Aberto en Muxia
Festival Mar Aberto en Muxia

Entradas de balde

O ciclo de concertos comezou a pasada semana inaugurándose no Faro de Corrubedo en Ribeira e continuará a fin de semana do 9 e 10 de agosto no Castelo de San Felipe, en Ferrol coas actuacións de María José LLergo, _juno, Pamela Rodríguez e Lua de Santana. O público poderá gozar de todo este programa totalmente de balde e as reservas están indo a moi bo ritmo, pese a que xa non quedan para os concertos de Ferrol. No caso de Muxía, hai algunhas aínda dispoñibles que se poden reservar na web www.festivalmaraberto.com.

 

Comentarios