O Punto de Libros de Quintáns, mellor dotado gracias á colaboración do historiador Manuel Vilar
O punto de libros de Quintáns está de noraboa. O historiador e antropólogo Manolo Vilar, natural de Santa Mariña, ex-diretor do Museo do Pobo Galego e directivo do Seminario de Estudios Comarcais da Costa da Morte, ven de facer un nada despreciábel agasallo para o punto de lectura sito na escola unitaria de Quintáns (Muxía).
Entre as aportacións de Manolo Vilar á conservación do patrimonio do concello de Muxía, que son numerosas, está tamén a xestión do legado que Dorothé Schubert deixou ao museo do Pobo, constituído por documentos, gravacións e outro material audiovisual da súa recolleita do Cancioneiro Popular Galego no que aparecen diversas veciñas e veciños.
Nesta ocasión, o legado deste veciño ilustre foron varias caixas de libros, que recalaron da súa man no punto de lectura, entre os que se atopan obras literarias de autores galegos como Antonio Fraguas, Manuel María, Manolo Rivas, Ana Cabaleiro, Manuel Veiga, Xerardo Quintiá, Rivadulla Corcón ou Héctor Pose, a novela de Rosalía de Castro “La hija del mar” e varias obras colectivas de autoras galegas.
A veciñanza responsable do punto de libros quere transmitir o seu agradecemento ao noso veciño escritor, divulgador e especialista en etnografía por esta doazón que enriquece a iniciativa e pon a disposición da veciñanza unha pequena parte dos fondos de Manolo.
As veciñas responsables do punto de libros de Quintáns queren lembrar de que estes libros, que incrementan os fondos xa existentes, están a disposición de calquera veciño ou veciña do concello con só cubrir co título da obra e o nome da persoa que a leva nunha folla que está a disposición ao lado das obras, sen máis trámites.
Para o caso de que a escola estea pechada facilítase na entrada un teléfono de atención.

ABERTURAS. MEMORIAS E PAISAXES de Manuel Vilar en QPC
- Benvido mister Lomax. A estadía do musicólogo Alan Lomax en Corcubión e Fisterra
- A romaría da Santiña en Trasufre
- Un poema sobre O Ézaro de Heidi Kelley, antropóloga americana.
- Visibilizar o fondo fotográfico de Ramón Caamaño. A fotografía como documento e patrimonio cultural.
- Unha viaxe polos Coucieiro: Desde Muxía a Santa Marta de Penaguião ao pé do Douro.
- A capela de San Miguel en Coucieiro.
- Areal de Nemiña: da soedade á masificación.
- O “petróglifo” do Petón de dona Urraca. Patrimonio? Si.
- Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: o perigo do éxito.
- As Aberturas.


