Ramón Caamaño busca un novo sucesor en Muxía


O ano pasado xa atoparamos o primeiro sucesor do mítico fotógrafo muxián Ramón Caamaño. Pero a búsqueda continúa. Ano tras ano, o Concello de Muxía xunto coa Asociación de Turismo rural Muxía Natural van seguir convocando esta Maratón Fotográfica Ramón Caamaño.
Como non, o premio de fotografía ten por obxecto honrar a memoria do fotógrafo muxián, considerado o persoeiro máis importante máis importante da historia do Concello de Muxía. Moito traballo queda paralelo sen facer, para recuperar o seu legado, pois son milleiros as fotos que quedan no galpón dun veciño pudríndose.
Pero ademais, a idea do proxecto é a de promocionar o patrimonio do municipio, tanto o natural como o arquitectónico e etnográfico, convertindo a vila nunha referencia paisaxística e turística.
Temas
Este ano como novidade, haberá tres temas para fotografiar:
- Entorno Natural.
- Patrimonio arquitectónico e etnografico.
- Establecimentos de Turismo Rural.
Os participantes deberán entregar fotografías dos tres temas. Haberá tres premios (1º, 2º e 3º) para cada tema.
Inscrición
A partir de hoxe, venres 30 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para asegunda edición da maratón. O prazo permanecerá aberto ata o 14 de outubro, sendo o prezo da inscrición de 10 €. Unha vez pechado o prazo de inscrición, a partir do día 15 de outubro e durante un mes poderanse facer as fotografías para enviar ao concurso.
Teñen máis información chamando ao 981-742001 ou en www.concellomuxia.com, ademais das webs das páxinas das casas da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural (Casa Ceferinos, Casa de Trillo, Casa de Lema, Casa Castiñeira e Casa Fontequeiroso).
Novas relacionadas
- Ramón Caamaño xa ten sucesor.
- Un maratón de fotos por Ramón Caamaño .
- Elección Histórica: Ramón Caamaño, o personaxe máis importante da historia de Muxía.
Outros certames fotográficos
- Concurso de Fotografías para reflectir a beleza bergantiñá.
- 4 imaxes que loitan contra a violencia de xénero dende Camariñas.
- O carnotán Xoán López Cambeiro acadou o segundo posto no Campionato CazaFotosub de Lira-
- Un premio para o Arco da Vella de Xusto Fisterra.
- As mellores fotos do ralli.
- 4 imaxes que loitan contra a violencia de xénero dende Camariñas.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Muxía.