Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A rápida intervención de Prot. Civil impide que o incendio rexistrado nun garaxe de Muxía calcine todos os coches que estaban no interior

Incendio nun garaxe en Muxia
A rápida intervención de Prot. Civil impide que o incendio rexistrado nun garaxe de Muxía calcine todos os coches que estaban no interior
A rápida intervención de Prot. Civil impide que o incendio rexistrado nun garaxe de Muxía calcine todos os coches que estaban no interior

Esta pasada tarde-noite de domingo, arredor das 21:00h, Bombeiros de Cee e Protección Civil de Muxía tiñan que desprazase ata un garaxe comunitario situado no baixo dun edificio na Rúa Pedriña. Protección Civil, co seu vehículo especial BUL, chegou pronto e tras descubrir a orixe do incendio, situado nun pequeno trasteiro, comezou a traballar na extinción.

Cando chegaron os Bombeiros de Cee xa practicamente estaba controlado, e os Bombeiros tiveron que arrefriar e ventilar a zona.

A rápida intervención evitou que o incendio se propagase os vehículos que se encontraban no interior no momento dos feitos. Afortunadamente só hai que lamentar dános no material que había no trasteiro, ademais dos danos no interior do garaxe e nos vehículos por residuos da combustión que xenerou o incendio.

Comentarios