Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Revista Nalgures: Os Benlloch volven analizar fontes primarias para recuperar o comercio de Muxía no séc. XVI

Mapa da ria de Muxia e Camarinas seculos XV-XVI con jurisdicciones
Mapa da ría de Muxía e Camariñas dos séculos XV-XVI coas divisións das xurisdiccións
Revista Nalgures: Os Benlloch volven analizar fontes primarias para recuperar o comercio de Muxía no séc. XVI

Xa está na rede o novo número da revista Nalgures. A revista da Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia segue recuperando documentos históricos nunca analizados ata o momento.
A entidade lóubase de chegar ao número 20 tras 18 anos de singradura

Neste nova nova edición, de case 400 páxinas, e como vén sendo habitual, os historiadores Jose Enrique Benlloch del Rio e José Enrique Benlloch Castiñeira publican un par de artigos sobre Muxía.

O primeiro continúa analizando “O comercio en Muxía durante o s. XVI”. Benlloch deixa atrás o medievo e analiza co,o a vila intenta recuperar a súa actividade pesqueira e comercial. Entre comerciantes bretóns, asturianos, vizcaínos, suecos, alemáns… e mesmo piratas e políticos corruptos, o autor recupera de fontes primarias como foron aqueles tempos.
O artigo analiza tamén os fitos da división da ría.

Completa o artigo Benlloch Castiñeira, falando sobre “O comercio en Muxía no final do s. XVI: unha análise numérica”, centrando o foco “nas contas de negocios na vila durante cinco anos concretos do final daquela centuria”.
Como sempre, o importante legado da familia Benlloch é que traballan sobre fontes primarias, neste caso “datos dos tributos”.

Novas relacionadas

Artigos históricos dos Benlloch en QPC

Comentarios