Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Rivadulla Corcón gaña o seu cuarto Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil

Rivadulla Corcón gaña o seu cuarto Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil

Estivemos con el esta semana compartindo cos alumnos de Dumbría ao seu amor polos libros. E hoxe podemos anunciar unha boa nova. A obra "O noso amor será eterno", de Rivadulla Corcón (Edicións Xerais, 2011) vén de recibir o premio Premio Frei Martín Sarmiento, na súa IX edición na categoría de libros para lectores de de 3º a 4º de ESO e Bacharelato.

Un premio que convoca a Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, e que se entregou dentro da Festa da Lingua, que as Escolas Catolicas organizaron no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un premio que o propio Corcón dedica a todo o pobo de Muxía, e que valora encarecidamente pois se trata dun premio que outorgan os propios lectores, os rapaces e rapaces que estudan nas Escolas Catolicas.

4º premio

A verdade é que a día de hoxe é o premio máis importante da literatura infantil en galego, para libros xa editados. E dase a curiosidade que é o cuarto ano que o autor, medio muxián medio coruñés de Monte Alto, o gaña. Con anterioridade xa o gañara no 2004 co libro "O elefante dunha soa orella" (Sotelo Blanco), no 2009 co libro "O Sorriso de Claudia" (Sotelo Blanco), no 2010 co libro "Os piratas da Illa da Esperanza" (Edicións Xerais).

Parabéns para Corcón, e que siga espallando a cultura muxiá por toda Galicia, i é que o libro trata a historia da furna da Buserana.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios