Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Santa Mariña reflexionou e gozou do #BoVivir

Participantes no Encontro do Bo Vivir da Casa Trillo
Participantes no Encontro do Bo Vivir da Casa Trillo
Santa Mariña reflexionou e gozou do #BoVivir
En cooperación coa asociación alemá recentemente fundada "Der Bunte Pfeil / A Flecha de Cores / The Arrow of Colours" a primeira "Festa do Bo Vivir" tivo lugar o sábado pasado. A Casa Trillo, en Santa Mariña, acolleu, con mestra hospitalidade, esta simbólica cita, que tamén se celebra en lugares como China, Noruega e Alemania, e que se repetirá cada 21 de marzo e 21 de setembro de cada ano en diferentes lugares do mundo ao mesmo tempo. A idea básica destes encontros é desenvolver en forma de diálogo unha visión común do “Bo Vivir” e dunha forma de vida sostible en paz e harmonía.

Logo de coñecerse os invitados de España, Hungría e Alemania comeron un menú que consistía en pratos tradicionais galegos, pero de forma vegana sen ningún uso de produtos de orixe animal (empanada de verduras, garavanzos coa receita dos callos, paella de algas e setas, mazás asadas). Posteriormente, os participantes realizaron unha excursión guiada dunha hora polos alrededores do pobo de Santa Mariña. Rosa Sánchez explicou a historia e as tradicións do lugar, así como a flora e fauna local. Logo houbo unha discusión sobre o concepto central do Bo Vivir.

Roteiro do Bo Vivir por Santa Marina

Conclusións

Aquí hai algunhas ideas e cousas en comúns que os participantes consideraron relevantes para manter vivas:
  • Preservación e (re)animación de tradicións rurales e valores relacionados: Vida moderna no campo e co campo.
  • Trato sostenible e coidadoso con si mesmo baixo o lema "Son parte da natureza": Sostenibilidad e ?auto-sostenibilidad? dependen mutuamente.
  • Unha dieta vegana saudable e deliciosa é posible: “Veiga(n)licia”.
  • O Camiño de Santiago como símbolo do vínculo coa natureza e con si mesmo e dunha vida en paz: A Flecha de Cores: chegar a un destino común en camiños individuais
  • Unha forma de consumo máis consciente abre a posibilidade de entrar en mellor contacto co coñecemento do propio corpo e de percibir os seus sinais claramente: Eu son máis que compro ou teño.
  • Keep it simple / Faino simple e paso a paso: aínda pasos pequenos poden cambiar moito
  • Utilizar os efectos de sinergia: conectar asociacións, comunidades e proxectos xa existentes.
  • Xuntos e con alegría polo Bo Vivir.

Participantes no Encontro do Bo Vivir da Casa Trillo 2

Novas relacionadas

Comentarios