Tírase ao mar ao prender o lume na súa embarcación
15:10 23/07/16
Sobre as dez da mañá de hoxe, un veciño de Muxía lanzouse á auga e nadar unha media hora para chegar a terra despois que prendese o lume na súa lancha, bautizada como "Mosiña", que ardeu por completo na contorna de punta Touriñán.
Unha vez en terra, foi recollido polos voluntarios de Protección Civil da localidade e se atopaba en perfecto estado de saúde. Varios veciños informaron aos servizos de emerxencias arredor das dez desta mañá xa que o lume víase dende distintos puntos do municipio muxián.
A embarcación Salvamar Altair, de Salvamento Marítimo, remolcaron os restos da embarcación que quedou totalmente calcinada.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112