Xoves. 25.04.2024
El tiempo

U-lo PXOM de Muxía?

U-lo PXOM de Muxía?
Reunion-da-Xunta-cos-tecnicos-de-urbanismo-do-Concello-de-Muxia Reunión da Xunta cos técnicos de urbanismo do Concello de Muxía para avanzar no PXOM en xaneiro de 2013

Hai un ano, o grupo de goberno aprobaba de xeito provisional o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muxía. Daquela, o PP consideraba unha o plan aprobado unha copia do presentado no 2007 polo seu grupo, e ao que se opuxera naquel entón o grupo socialista. Ademais, o BNG votara en contra pola "total falta de transparencia" no proceso de elaboración.

Hoxe volve o BNG recordar que xa advertira "nese pleno que esta decisión era de moi dubidosa legalidade, xa que o artigo 85.6 da Lei do Solo obriga a realizar unha nova exposición pública cando se realicen modificacións substanciais durante a tramitación".

Daquela O alcalde Félix Porto xustificou esta forma de actuar pola necesidade de evitar o derrube de dúas vivendas, construidas ilegalmente segundo as Normas Subsidiarias en vigor, sen explicar por que non se fixera nada durante catro anos de goberno con maioría absoluta. Non se tivo en conta a proposta do BNG para facer unha modificación puntual das Normas que legalizase estas vivendas co argumento de que a súa tramitación duraría arredor dun ano e que a aprobación definitiva da consellaría chegaría en dous ou tres meses.

Así, como sinala o BNG, "un ano despois, a Consellaría obriga a realizar a exposición pública durante dous meses, co acordo de non aceptar ningunha das alegacións que poidan presentarse, un verdadeiro fraude de lei. Despois dun ano, xa estaría practicamente rematada a tramitación da modificación puntual proposta polo BNG e a actuación do alcalde non fixo máis que prolongar o calvario xudicial dos propietarios das vivendas ameazadas de derrube", entende o grupo da oposición.

Así, o BNG de Muxía segue a propor "a redacción dun plan xeral consensuado que deteña o deterioro do noso patrimonio cultural e natural e que permita obter solo público para equipamentos culturais e deportivos".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muxía.
Comentarios