luns. 02.12.2024
El tiempo

Un berro cultural para restaurar os conxuntos de Moraime e San Mariño de Ozón

Un berro cultural para restaurar os conxuntos de Moraime e San Mariño de Ozón
Benlloch-facendo-un-apuntamento-en-Moraime

Segue o Concello de Muxía comprometido con espallar o seu patrimonio cultural. Xa estivemos no conxunto de Moraime con Manuel Vilar, e durante esta ponte puidemos visitar, con guías de verdadeira excepción, os mosteiros de Moraime e de San Martiño de Ozón.

E dicimos de excepción porque é todo un luxo poder escoitar a Enrique Benlloch del Río, estudioso que pode ser un dos que máis a fondo coñeza a historia de Moraime; Xan Fernández Carreira, historiador e unha lenda viviente na vila da Barca; e Manuel Vilar, que podemos dicir del que non o tiveramos dito.

Recuperando o patrimonio

Arredor un cento de persoas disfrutaron destas xornadas, que son "unha forma de promocionar o patrimonio muxián e o turismo cultural, ademais de chamar atención sobre dous centros importantísimos que necesitan restauración", como recoñece Viki Rivadulla, técnica cultural do Concello muxián.

Rivadulla apunta que "sobre todo urxe restaurar as pinturas de Moraime, unhas pinturas murais únicas, que chaman a atención de expertos en arte mural polos motivos representados e a calidade, e que Manolo Rivas converteu en literarias na súa novela “En salvaxe compaña”".

Coñecendo San Martiño de Ozón

Visitando-restos-do-claustro-de-Ozon

Así, o pasado xoves 6 de decembro, unhas 50 persoas achegáronse ao mosteiro de San Martiño de Ozón. Un lugar especial que a día de hoxe cambio os hábitos polas vestimentas naturais das bravas xentes da Cooperativa Aurora de los Caminos.
De feito, Marta e Soraya, socias da cooperativa e unhas das que coidan o Albergue de peregrinos, contaron como están a traballar e os plans de restauración que teñen e apoiaron a explicación de Xan Fernández Carrera, que repasou as partes do mosteiro e os restos que quedan. Ademais, presentou o libro sobre o mosteiro do que foi párroco, e viviu moitos anos no mosteiro, Ricardo Bello Mato.

Marta-de-Auroras-del-Camino-no-Mosteiro-de-San-Martino-de-Ozon Soraya-de-Auroras-del-Camino-no-Mosteiro-de-Ozon Visitando o cabazo de San Mariño de Ozón

Unha nova visita a Moraime

Manuel-Vilar-en-Moraime

En Moraime, coma na xornada de verán, foi Manuel Vilar quen mostrou o conxunto e logo fixo una exposición sobre a historia de Moraime, dentro da igrexa. Desta volta a sesión tivo un colaborador de primeira, o investigador muxián e estudioso de Moraime, José Enrique Benlloch del Río, que fixo bos apuntamentos históricos sobre o eterno mosteiro. A cita rematou cunha subida ao campo da Forca.

Benlloch-ao-fondo-no-interior-da-igrexa-de-Moraime

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios