Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un ferido nunha colisión entre dous camións en Merexo

Un ferido nunha colisión entre dous camións en Merexo
Novo accidente nas estradas da Costa da Morte. Esta tarde, pouco despois das 17 horas, dous camiós colidiron na entrada de Merexo, en Muxía. Como consecuencia do golpe, un dos condutores quedou atrapado no interior do seu camión. O ferido, que se atopa consciente en todo momento, tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Cee. Os servizos de emerxencias tamén pediron a colaboración dos servizos sanitarios, a Garda Civil de tráfico da Coruña e Protección Civil de Muxía. Onte á noite, un veciño de Cesullas perdía a vida nun sinistro acontecido en Tella (Ponteceso) pouco despois das 20:30 horas.

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios