Unha despedida de emerxencia
08:04 24/06/16
Alumnos e alumnas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría recibiron a visita de técnicos de Emerxencias
Alumnos e alumnas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría remataron o curso académico dun xeito moi especial. Fixérono coa visita de varios responsables do Servizo de Emerxencias quen lles explicaron o funcionamento do 061 e do 112.
A visita foi posible grazas á colaboracióncon dos voluntarios de Protección Civil de Dumbría e Ambuibérica. Manuel Alende
- responsable de transporte do 061 - e Juan Manuel Trillo - técnico en Emerxencias Sanitarias do 061- falaron do seu día a día no traballo. Ademais os alumnos viron unha pequena exposición de coches de emerxencias.
112.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])