Unha trintena comerciantes de Muxía participan nun curso de atención ao cliente
07:08 23/11/16
O pasado luns clasurouse o curso impartido pola Unión de Consumidores de Galicia
Un total de 28 comerciantes e hosteleiros de Muxía veñen de participar no curso de "Atención ó cliente e relacións cos provedores. Dereitos e obrigas" impartido pola Unión de Consumidores de Galicia - UCGAL - durante o mes de novemembro. Precisamente o pasado luns, día 21, tivo lugar o acto de clausura e a entrega de diplomas da man do secretario xeral da UCGAL - Miguel López Crespo -, do alcalde de Muxía - Félix Porto - e da responsable do Centro de Información á Muller de Muxía - Isabel Muñoz -.
Os participantes recibiron formación en materia de atención ao cliente e de relación cos provedores. O obxectivo principal da actividade era chegar aos comerciantes e hostaleiros muxiáns formación en aspectos relativos ás relacións cos consumidores así como temas de interese como a contratación, as garantías dos productos, os servizos financeiros,...
Este curso - subvencionado pola Deputación de A Coruña - tamén se levou a cabo no concello de Carballo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- UCGAL