Martes. 16.04.2024
El tiempo

Uns marcapáxinas literarios Con X de Muxía

Uns marcapáxinas literarios Con X de Muxía
Marcapaxinas literarios Con X de Muxia

Fantástica a acción normalizadora do Concello de Muxía. Dentro do programa de dinamización lingüística “Con X de Muxía”, a iniciativa “Eu leo en galego” consiste nunha serie de marcapáxinas editados polo Concello cos nomes de artistas afincados na vila da Barca, que se distribuirán na Biblioteca Municipal.

Unha proposta que nace como promoción da lectura en galego, para tódalas idades, e serve tamén recoñecemento ós e ás artistas que desenvolven o seu traballo no noso municipio. Os artistas que cederon desinteresadamente imaxe das súas obras para esta actividade son: Alexandro, Chérie Trillo, Detlef Kappeler, Fátima Fortea, Viki Rivadulla, Sar, Tachibana, Teresa Búa e Yano Yoro.

Con esto tamén ligan a creación artística ao uso da nosa lingua, aproveitando o seu atractivo. Os marcapáxinas serán elementos atractivos para os nenos/as e mozos/as que se acheguen á biblioteca, tamén para as persoas adultas, e ademais unha marca distintiva da biblioteca. A biblioteca entregará un marcapáxinas con cada préstamo ata que o usuario/a complete os nove marcapáxinas da colección.

A presentación dos marcapáxinas foi moi emotiva.

Presentacion dos marcapaxinas literarios de Muxia

Con X de Muxía

Este é un programa global de actuación, incidindo nos ámbitos sociais que entendemos máis sensíbeis a ter unha perda do uso habitual da lingua galega, como son as relación país –fillos, a mocidade e a hostelería. O programa consta de varias actividades que incidirán nos ámbitos escollidos.

“O Camiño, en galego II”

Mantel turistico de Muxia

Edición e distribución de manteis individuais para uso de hostelería (estes manteis xa se distribuiron durante o verán aos establecemento que os solicitaron). A actividade consiste na edición de manteis individuais, de papel, para repartir nos establecementos de hostelería. Nestes manteis aparece un mapa co percorrido do Camiño polo noso concello e entre Muxía- Fisterra cos nomes dos topónimos galegos. Ao mesmo tempo, na marxe do mantel aparecen de forma moi gráfica unhas palabras en galego para desenvolverse na hostalería. Preténdese crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias e estender o uso da nosa lingua nas relacións comerciais
Esta actividade xa se levou a cabo no ano 2012 e é amplamente demandada polo colectivo de hostelería.

Durmo se me contas un conto

O luns coñecemos un pouco máis deste Concurso de contos en familia “Durmo…se me contas un conto III”. Unha actividade que xa se realizou nos anos 2012 e 2013, foi unha das máis bonitas do programa e tivo moito éxito.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios