Venres. 27.11.2020
El tiempo

“Vida Activa”, o novo programa para os maiores de Muxía

O Concello impulsa o programa de Vida Activa para previr os problemas de memoria nos seus maiores
O Concello impulsa o programa de Vida Activa para previr os problemas de memoria nos seus maiores
“Vida Activa”, o novo programa para os maiores de Muxía

Muxía pon en marcha o programa “Vida Activa”. Un grupo de actividades, desenvolto a través da Afafes (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Fisterra e Soneira), para axudar aos maiores de Muxía a previr os problemas de memoria, así como para mellorar o seu benestar emocional e axudar a entablar novos lazos sociais e afectivos.

Esta actividade está pensada para maiores de 60 anos, os cales se poden inscribir no teléfono 981 74 20 01. Desenvolveranse os luns en Muxía, de 9:45 a 11:15 e de 11:30 a 13:00 en Muíños; os martes de 10:00 a 11:30 en Quintáns e os xoves, de 9:30 a 11:00 en Senande e de 11:15 a 12:45 en Frixe.

comentarios