Martes. 15.10.2024
El tiempo

Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar

Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar
Viki-Rivadulla-rodeada-dos-poetas

Xa levaba case 10 anos sen expoñer. I é que a labor de divulgadora cultural desta muller ás veces eclipsa toda a súa arte, deixando a artista que leva dentro ao servizo organizativo dos demais. Pero onte era o seu día, e ao seu carón medio cento de amigos que forman esa tribu da que falaba Rosalía Fernández entre verso e verso.

Era a inauguración no Pazo da Cultura de Carballo da exposición "O meu mar", de Viki Rivadulla, colaboradora desta casa. Pinturas e esculturas que arrecende salitre e que demostran a pegada do mar da Costa da Morte na súa eterna creación. Ao seu carón, como dicimos, estiveron bos amigos, xente á que Viki lle ter artellado ducias de recitais, que hoxe, se xuntaron para recitar un poema de López Abente a coro.

Bo papel de Rosalía Fernández Rial, X. H. Rivadulla Corcón, Miro Villar, Pzco Souto e Paco de Tano (faltou Suso Bahamonde ao que ultimamente os problemas de saúde non lle deixan en paz), engadindo unha componente tremendamente emotiva e simbólica cos seus versos á estrea.

Viki-Rivadulla-Medio-centenar-de-persoas Viki-Rivadulla-escoitando-a-Paco-Souto Viki-Rivadulla-e-Corcon-con-unha-estatua

"O meu mar"

Titulada a partir dun poema de Gonzalo López Abente, esta exposición , segundo explica a propia autora, pretende recoller a través de 24 pinturas e 7 esculturas unha visión dun mar "creador dunha eterna traxedia", pero tamén un mar "rexo e forte" ao que hai que "devolverlle moito do que nos dá". Para Rivadulla tamén é unha presenza "reivindicativa" de "tribos mariñeiras", xente "traballadora e humilde que quere seguir vivindo do mar" porque "non pode haber futuro na Costa da Morte que non teña en conta o mar e as súas xentes". Ademais de no título, a autora subliña que a poesía e a literatura tamén teñen unha fonda pegada nesta mostra, xa que contén unha parte dedicada ás "Viúvas de vivos e mortos" de Rosalía de Castro, e outra sección para "A árbore da lingua". As obras de "O meu mar" pobóanse de mulleres e homes da Costa da Morte, recollendo "esa potencia creativa que somos", en verbas de Rivadulla, porque "o meu mar tamén é o mar dos poetas". E por iso, a mostra pechouse cun pequeno recital.

Pero hai que resaltar o valor pictórico e escultórico da obra. Impactan as referencias percebeiras incrustadas na alma dos protagonistas. Percebes, congros, redes, chalanas, peixes, sereas, casetas de pescadores... Unha obra cargada de mar. E que dicir desas bonecas... sinxelamente excepcionais.

Gracias Viki, por amosarnos o que levas dentro.

Viki-Rivadulla-Boneca Viki-Rivadulla-cadro-con-congro

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Viki Rivadulla

Fonte

Comentarios