Sábado. 24.08.2019
El tiempo

O alumnado de Muxía pechou unha exitosa campaña de visitas teatralizadas en Moraime

O alumnado de Muxía pechou unha exitosa campaña de visitas teatralizadas en Moraime
Visitas teatralizadas en Moraime co alumnado dos Muinos Visitas teatralizadas en Moraime co alumnado dos Muinos Son as visitas teatralizadas un dos novos produtos culturas e turísticos que máis están medrando neste ano na Costa da Morte. As Torres do Allo, Dombate ou o Castelo de Vimianzo convírtense en perfectos escenarios de época para que a través do teatro coñezamos o pasado dos nosos emblemáticos edificios e da nosa historia. Moraime, que este ano volve estar no punto de mira da Xunta tralo éxito das excavacións arqueolóxicas, non é allea a esta proposta. Dende o verán o Concello de Muxía levou a cabo un programa completo para descubrir “os segredos de Moraime”, da man da compañía Os Quinquilláns. As visitas, costeadas unicamente polo Concello, foron todo un éxito. “A participación foi espectacular. Unha media de cen persoas por cada unha das obras, que ademais están xeniais, e deixan ao público encantado", explican dende Muxía. Un público maioritariamente de fóra, que chega gracias á divulgación por parte dos establecimentos hostaleiros da vila. Os Quinquilláns de visita teatralizada en Moraime para o Cole dos Muíños Os últimos en disfrutalo durante esta campaña foron o alumnado dos últimos cursos do CEIP Os Muíños e o CEIP Vilarmide quen puideron disfrutar das andanzas de frai Golías e Silvina. Así, o Concello dá por rematadas as visitas teatralizadas para o presente ano, pero esperan poder continuar o ano que vén cunha nova tempada. Se cadra a Deputación, que tanto aposta por estes produtos, tamén teña algo que aportar para a súa continuidade e promoción. Alumnado dos Muíños en Moraime cos Quinquilláns Alumnado de Vilarmide en Moraime cos Quinquilláns

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/moraime-recupera-a-sua-forza/ https://quepasanacosta.gal/hai-restos-suficientes-para-que-se-lle-dea-a-moraime-unha-valoracion-patrimonial-importante/ https://quepasanacosta.gal/moirame-descubre-os-seus-segredos-a-traves-dunha-serie-de-visitas-teatralizadas/

Comentarios