Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Como comprar a mellor caseta para o xardín

Como comprar a mellor caseta para o xardín

Agora que chega a primavera, é o momento de comezar a dar un lavado de cara ao noso xardín para sacarlle o máximo proveito durante a primavera e o verán. Unha boa idea para sacar máis proveito ao xardín pode ser comprar unha caseta. Pero esta non debe ser comprada ás tolas, senón que hai que mirar unha serie de pautas para ter a seguridade de estar comprando o que realmente necesitamos.

No mercado podémonos atopar unha ampla variedade de casetas y cobertizos entre os que elixir, pero a verdade, non todos os modelos se adaptan ás nosas necesidades. Unha boa decisión pode facernos triunfar coa compra ou non. Para axudarche na decisión final, ímosche amosar unha selección de consellos que seguro che axudarán a elixir a mellor alternativa para o xardín.

Antes de nada, cómpre destacar que ata hai pouco os grandes gañadores eran os cobertizos, pero a moda está cambiando. Isto está facendo que as casetas sexan as grandes gañadoras, e que cada vez teñan máis presenza nos xardíns de tamaño medio e grande. Este tipo de casetas pódense usar para moitos fins. Normalmente pode ser usada como unha pequena casita para vivir experiencias diferentes sen ter que ir ao campo, como viveros, un lugar de tranquilidade... o uso dependerá de cada persoa e sobre todo do tamaño. Xa que si compramos algo pequeniño non imos poder merendar no seu interior, por exemplo.

Consellos para adquirir unha caseta de xardín

Casetas e cobertizos

O primeiro que temos que fixarnos á hora de adquirir unha caseta para o noso xardín é o tamaño da mesma. Para saber cal debe ser o tamaño da nosa caseta, o mellor que podemos facer é fixarnos en dúas variables diferentes. Para comezar, temos que fixarnos no tamaño do xardín, persoalmente non recomendo que ocupe máis dun cuarto do espazo. En segundo lugar, temos que ter claro que uso lle imos a dar. Non é o mesmo usala para gardar plantas e/ou material de xardinería que para usala como lugar de descanso onde merendar coa familia ou ler coa tranquilidade da natureza.

O deseño da caseta é outro punto a ter en conta. A caseta será algo que encherá o noso xardín, de aí que o seu deseño nos teña que gustar desde o primeiro minuto da compra para sentirnos contentos coa decisión tomada. Non só ten que ser bonita esteticamente, senón que terá que estar preparada para o uso que a imos a dar. Unha caseta sinxela pode ser máis que suficiente para gardar o material de xardinería, pero si temos pensado facer algo de vida no seu interior, non esquezas mirar que a caseta teña polo menos unha fiestra para que poida entrar a luz do exterior.

Por suposto, os materiais cos cales foi fabricada determinarán se un modelo é mellor que outro. Sempre tes que apostar por materiais de alta calidade para que a caseta poida aguantar anos e anos á intemperie sen sufrir. Hai casetas fabricadas con materiais sinxelos como plásticos de alta calidade, ata casetas máis naturais e complexas como o son de madeira.

Tendo en conta estes consellos, asegúroche que poderás sacar moito beneficio á caseta adquirida.

Comentarios