Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Nova limpeza diante da Casa de Man de Camelle

mar-de-fabula-limpeza-man-camelle
Membros de Mar de Fábula e da AA.VV. A Pergoliña de Camelle retiraron máis de 200 litros de refugallos
Nova limpeza diante da Casa de Man de Camelle

Máis de 200 litros de refugallos que deixou a marea e tamén de lixo procedente da terra foi o resultado da limpeza levada a cabo o pasado domingo os voluntarios e voluntarias da Asociación Mar de Fábula e da AA.VV. A Pergoliña de Camelle nas inmediacións da Casa de Man. E o motivo desta nova acción de limpeza foi a visita dende Alemaña da familia de Manfred Gnädinger, O Alemán de Camelle.

Entre os refugallos había multitude de anacos de porexpan e de envoltorios plásticos de todos os tamaños, latas e botellas, cabos e chicotes,... E tamén o 14 portalentillas de plástico procedentes da perda dun contedor no Corredor Marítimo de Fisterra, hai xa 4 anos, e que engrosarán a nosa colección de máis de 11.000 unidades deste material tan perigoso para a fauna mariña.

Con esta limpeza pretenderon honrar a figura de Man e tamén para poñer o foco na falta de mantemento, coidado e custodia deste espazo único e que segue a ser un dos recursos turísticos máis visitados da zona. "Demandamos ás administración da Xunta de Galicia e do Concello de Camariñas que non permitan esmorece tan emblemático lugar", sinalan dende Mar de Fábula. 

Comentarios