Os pequenos do Carrumeiro debutaron en Portosín

09:08 01/03/11

O Club Marítimo Carrumeiro acudio ao Club Náutico de Portosin con dúas tripulacións 420. Dúas tripulacions que poderiamos chamar "debutantes, xa que aínda que cada un teñen experiencia, que non en equipo.
Alí estiveron os Pablo Rojo e Fran Canosa, por unha banda, e Antonio Osende e Diego Varela pola outra, deixando o pavillón costeiro ben alto.
O sabado foi imposible saír ao auga xa que non había vento. Pero o domingo cumpríronse as predicións metereolóxicas e o vento do N-NE acompañou aumentando de intesidade ao longo do día.
O equipo corcubionés estivo á altura mantendo coa flota na primeira cinguida pero nas popas perdia posición. Iso si, o cansanzo fixo dano na expedición e nas ultímas mangas decaeron.
Novas relacionadas
- Os equipos de Optimist e Omega do CM Carrumeiro izan as velas.
- En marcha a Escola de Vela Municipal de Vela de Corcubión.
- Apem e Aspadex achéganse ao mar con Cataventos.
- Os pequenos do Carrumeiro participaron nunha Concentración de Escolas de Vela en Castrelo de Miño.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
Fonte
- Nota de prensa do CM Carrumeiro.