Venres. 19.04.2024
El tiempo

Pesca de disfrute e solidariedade en Carnota

Pesca de disfrute e solidariedade en Carnota
Campionato de Pesca Spinning de Carnota-Foto- Jorge Parri

Fantástico o ambiente de mar que vivíu esta fin de semana Carnota co II Open de pesca a spinning. Artellado pola activa ACDR O Patín, uns 60 pescadores tomaron cada rocha entre Punta Uía (Concello de Muros) e O Pindo (Concello de Carnota).

O máis destacado foi o feito de que as capturas de todos os participantes foron destinadas a Cáritas Cee, que nestes tempos de crise ten traballo que non dá feito.

Chegaron pescadores de toda Galicia, sendo moitos tamén das zonas de Carnota, Ézaro, Quilmas, Lira, Cee, Lariño, Dumbría… pero tamén de A Coruña, Santiago, Ourense, Catoira, Carballo, Caión, Riveira…

Finalmente os gañadores foron:

  • 1º - Marcos Vila Núñez, con 3250 puntos.
  • 2º - Tono Goyanes Piñeiro, con 3155 puntos.
O local Tono Goyanes quedou 2 no Spinnin de Carnota-Foto- Jorge Parri
  • 3º - José Luis Arangude Rodríguez, con 1790 puntos.
O terceiro Jose Luis Arangude Rodriguez no Spinning de Pesca de Carnota-Foto- Jorge Parri

Houbo máis premios, como o recoñecemento ao Grupo máis numeroso, chegado dende Sada, e que recibiu como obsequipo unha boa botella de Albariño. O foi o ovetense José Antonio Cabo Álvarez o que recibiu unha botella de Ribeiro 2 Hectáreas por ser o participante chegado de máis lonxe.

Ademais, o lote cedido por "O Campanu" recaeu en Borja Ferrances, mentres que o participante máis veterán da proba, José Manuel Chouza Lago, de 61 anos, recibía outra botella de Albariño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios