Xoves. 09.12.2021
El tiempo

3 medallas dumbriesas coa Selección Galega de Piragüismo

Padexeiros dumbrieses coa seleccion galega
Padexeiros dumbrieses coa selección galega. Fotos de Carlos Fernando
3 medallas dumbriesas coa Selección Galega de Piragüismo

Boa participación dumbriesa coa Selección Galega nos Campeonatos de España de Jovenes Promesas disputados en Sabero (León) e nos os Campionatos de España Por Comunidades autónomas na canle de augas bravas de Alejíco.

Na competición por seleccións autonómicas, os seleccionados eran Sara Fernandez Romar e Xesús Pena Cundíns na categoría infantil, e Brais Sanchez Cancela e Martín Fernandez Romar na Cadete, asistindo ademáis Xián Caamaño coma suplente entre os infantiles e Marcos Sachez Cancela coma técnico asistente do equipo.

Todos os rapaces do club tiveron unha actuación destacada, pero os infantís foron quen de subir ó podium, sendo o equipo formado por Sara Fernandez, e máis as deportistas do Quixos de Monforte Nerea Guitierrez e Sara Díaz do Clube Tea de Mondariz bronce no K1 femenino, mentres que Xesús Pena Cundíns lograba subír duas veces ó podium, tanto no C1 (Plata) coma no K1 (Bronce) formando equipo con Jacobo Rodríguez e Pablo Alfaya, tamén do Quixos e do Clube Tea respectivamente.

En individuais

Sara Fernandez do Piraguismo dumbria en Sabero
Sara Fernández.  Foto de Carlos Fernando

En canto ás competicións individuais, cinco foron as clasificacións para finais logradas polos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, destacando o quinto posto final de Xesús Pena en Canoa, e o oitavo en Kayak. Pola súa banda Sara Fernández foi oitava tanto en canoa como en Kayak infantil femenino. Nesta mesma categoría, Xian Caamaño non foi quen de menterse nas finais, pero mesmo así fixo unha boas mangas clasificatorias. Finalmente foi decimoctavo,

Na categoría Cadete, dos dous representantes do CDM Piragüismo Dumbría, só Brais Sánchez foi quen de meterse na final da súa especialidade, o C1, mentras que tanto el coma o seu compañeiro de equipo Martín Fernandez quedaron fora das finais entre os Kayaks, clasificandose o de xestosa finalmente noveno, nunha final na que lle pesaron muito as penalizacións.

Desta maneira se poña o colofón á competición nacional neste ano por parte do CDM Piragüismo Dumbría. A vindeira proba será xa a última do ano, o 26 de setembro en Mondariz Balneario.

Brais Sanchez do Piraguismo Dumbria en Sabero
Brais Sánchez.  Foto de Carlos Fernando

comentarios