Luns. 06.05.2024
El tiempo

300 deportistas danse cita este domingo en Carballo co comezo da liga FITE Galicia de Taekwondo

Club Chong Taekwondo Carballo
Agustín Trigo, Álex Trigo e Fernando Abelenda, en representación do club Chong, anfitrión e organizador do evento, presentaron a competición acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez,
300 deportistas danse cita este domingo en Carballo co comezo da liga FITE Galicia de Taekwondo

Este domingo, máis de 300 deportistas dos seis clubs galegos de taekwondo ITFU participan no pavillón Vila de Noia Carballo no comezo da liga FITE Galicia 

Álex Trigo destacou que o taekwondo forma parte da sociedade carballesa desde hai máis de corenta anos. “Hai moita tradición, está arraigado no pobo. O Chong foi o primeiro club de artes marciais de Carballo e da comarca, hoxe en día hai máis e de máis disciplinas, e iso é moi importante”, manifestou. Aludiu tamén á importancia converter Carballo nun lugar de referencia para as competicións oficiais, e expresou o seu desexo de que a cita deste sábado “sexa a primeira de moitas”.

O Chong participará na primeira xornada da liga FITE Galicia de taekwondo ITFU cun total de 48 deportistas de distintas categorías, dende peques a sénior. “É a primeira vez para a xente do club que compite na casa. Para nós é un plus facer esta competición en Carballo”.

Tamén participará o Club Cee Deportes de Contacto, que levará 35 deportistas.

O espectáculo está garantido, e a entrada será libre e de balde.

Comentarios