Mércores. 24.04.2024
El tiempo

4 superviventes enfróntanse ao Olimpo Celta para culminar un fermoso Grand Trail Costa da Morte

Hoxe venres dispútase a última etapa do Grand Trail Costa da Morte, cun fermosísimo percorrido que inclúe a subida e a baixada do monte Pindo. Pero para chegar ata alí, os 5 superviventes da proba longa, agora quedan 4, tiveron que suar a pinga gorda.

Grand Trail Xornada 5
A penúltima etapa saíu do Santuario da Barca e rematou no Faro Fisterra
4 superviventes enfróntanse ao Olimpo Celta para culminar un fermoso Grand Trail Costa da Morte

A penúltima etapa, que unía Santuario da Virxe da Barca co Faro Fisterra, era a máis longa das 7 que ten esta competición deportivo-turística, e contou ademais cunha inimiga, a néboa, que impediu unha carreira limpa, e atopar as balizas era toda unha proba de orientación extra.

A néboa también impedía unha boa visual das espectaculares paisaxes polas que pasaron, que diso tamén se trata esta carreira. Cabo Touriñán, as praias de Nemiña e Lires, ou a de Rostro quedaron deslucidos polas nubes. Pero sempre hai consolación, e Paco, un dos inscritos neste trai apuntaba que “a meteoroloxía también forma parte da paisaxe, e que aos trails vénse á aventura. Un Paco que se tivo que retirar onte, pero que continúa promocionando "El reto de Amaya", un proxecto que quere fomentar a investigación en enfermidades raras.

Paco Rodriguez promocionando El Reto de Amaya no Grand Trail Costa da Morte
Paco José Martín tivo que retirarse pero seguiu promocionando o Reto de Amaya

O cansazo acumulado e a esixencia da etapa deron lugar a tempos moi desiguais entre os 4 supervivintes. Das 7 horas e media de Montse Pereira e Javier Jiménez, pasando polas 9 horas de Jorge Caminero, ata as case 11 e media de Mariña Vnukova. ”Aquí ninguén vén competir. Somos unha familia”, afirmaba Caminero á súa chegada á Praza da República de Arxentina.

Hoxe venres saen ás 9 de Fisterra, si a néboa permíteo esta vez, e chegarán ao pobo carnotano de O Pindo entre a 1 e as 6 da tarde. Como non, inclúe o ascenso e, algo que preocupa más aos atletas, o descenso, do Olimpo Celta. Un último reto para esas pernas que xa percorreron más de 200km da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Comentarios