Martes. 19.03.2024
El tiempo

Cinco valentes enfrontan o reto de 7 etapas do Grand Trail Costa da Morte

Grand Trail Costa da Morte polo Cabo Vilan
Grand Trail Costa da Morte polo Cabo Vilan
Cinco valentes enfrontan o reto de 7 etapas do Grand Trail Costa da Morte

Rematou a primeria fase do Grand Trail Costa da Morte. Os participantes da modalidade de 3 etapas remataban este luns o seu periplo, completando 100 km dende Caión ata o porto de Laxe. Na terceira etapa cruzaron Ponteceso, o fermoso paseo marítimo do Esteiro do Anllóns, a dura subida ata o Castro Borneiro, monte Castelo, a praia de Rebordelo e o camiño de costa ata Laxe. Unha etapa algo máis liviana que a segunda que permitiu aos atletas disfrutar da paisaxe costeira.

Unha vez máis, Pablo Miragaya tiraba coa cinta da meta, 2 horas e 37 minutos despois do pistoletazo de saída. Mais non se produciron grandes contrastes nos resultados, xa que media hora máis tarde todos chegaran a Laxe.
Logo do paso polos fisioterapeutas e dunha ducha, celebrouse unha entrega de recoñecementos (unha medalla de madeira e unha placa de olería de Buño) aos participantes da modalidade en 3 etapas.

Grand Trail Costa da Morte 2

 

Os 5 valentes

Minuto de silencio en Laxe no Grand Trail Costa da Morte polo asasinato de Valga

Sen tempo a descansar, os 5 valentes (Montse, Javier, Paco, Marina e Jorge) que afrontan o reto das 7 etapas, volveron este martes ao Camiño dos Faros para completar os 265km de ruta completa de Caión ao Pindo. Na saída de Laxe tiveron tempo para lembrar ás vítimas do asasinato de Valga.

A proposta deportiva-turística cobraba vida apreciando paisaxes coma a do val de Traba, a praia de Trece e a espectacular contorna do cabo Vilán. Ademais a senda achegábaos á praia dos Cristais e ao Cemiterio dos Ingleses, nun día de calor e bochorno.

Os primeiros en chegar á meta no porto de Camariñas foron Montse Pereira e Javier Jiménez, que participan como parella. Percorreron os 41km da proba en tan só 5 horas.

Na xornada deste mércores a competición baixa un pouco a esixencia. O trazado nesta ocasión une Camariñas co Santuario da Virxe da Barca, en Muxía. Unha fermosa localización máis, para finalizar outra etapa deste Grand Trail.

Novas relacionadas

Comentarios