Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os chicos do volei costeiro acadan boas vitorias

Os chicos do volei costeiro acadan boas vitorias

Este sábado pola maña en Dumbría disputouse a 4º xornada da liga galega coma sempre co resultados contrapostos. Mentras os rapaces seguen gañando, as rapazas perden de maneira moi fácil ante rivais da súa liga.

Os que seguen imparables son os mozos do equipo infantil masculino do Manuela Rial, que venceron con mellor xogo a defensa do Calasancias da Coruña por 3-0 (25-18/25-19/25-20). Sen perder partido seguen líderes da Liga Galega.

Venceron tamén os cadetes do Voleibol Dumbría ante Calasancias por 3-1 (23-25/25-18/25-15/25-15), pese a perder o primeiro set superon remontar o marcador co bo xogo. Este equipo sitúase 3º na Liga Galega.

As rapazas polo seu lado non conseguen gañar. Ante Calasancias perderon as do Voleibol Dumbría cadete por 0-3 (6-25/23-25/17-25) sen dar o nivel que se espera delas co que seguen 10º e últimas na liga galega. Pola súa banda as xuvenís do Voleibol Dumbría tamén caeron por 0-3 (13-25/18-25/15-25) e seguen 7º mentres que as infantís do Manuela Rial perdían por idéntico resultado, 0-3 (9-25/7-25/21-25) pero mantéñense nunha 6º posición na clasificación xeral.

Esta fin de semana os equipos do volei da bisbarra descansan das súas actividades.

Animando a Gabi

Outros que se suman aos apoios a Gabi, xogador do Pereiriña, é a familia do vole dumbriesa e ceense: "Dende os equipos de voleibol queremos mandar unha mensaxe de apoio a Gabi, xogador do Pereiriña e antigo compoñente do equipo de voleibol do Colexio Manuela Rial, e desexarlle unha pronta recuperación así como mandarlle todo o noso cariño a súa familia, que non o están a pasar nada ben".

Novas relacionadas

Últimas Crónicas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios