A rapazada náutica de Corcubión, a que máis recicla de toda España


Ademais de aprenderlle a navegar a centos de rapaces e rapazas da zona, os bravos de Cataventos Escola de Vela teñen teño para concienciar. Non só coas charlas de respecto ao medio mariño, e de amor polos animais que imparten Noemí Bermúdez e Marcos Trillo, se non tamén coa súa recolleita de pilas usadas, que permitiiu reciclar 252 quilos de baterías o pasado verán.
Por iso, as entidades Ecopilas e a Fundación Ecomar veñen de entregarlle o premio “Ponte as pilas e Recicla”, a escola corcubionesa aportou o 26,5% da tonelada de pilas recolleitas por esta iniciativa de sensibilización medioambiental en 2018 e na que participaron 58 clubs náuticos e escolas de vela de toda España.
O responsables da Escola de Vela Cataventos, recolleron onte o primeiro premio, consistente en material deportivo, de mans de Theresa Zabell, presidenta da Fundación Ecomar, e de Gonzalo Torralbo, secretario xeral de Recyclia, entidade na que se integra Ecopilas.
Pola súa banda, o segundo e terceiro premio han recaído no Club Náutico de Altea (Alacante) e o Real Club Náutico de Algeciras (Cádiz), por contribuír ao reciclaje de 121 e 91 quilos de pilas, respectivamente.
Segundo Theresa Zabell, presidenta da Fundación Ecomar, “desde a Fundación Ecomar sentímonos moi orgullosos do traballo e a actitude dos clubs na reciclaxe. Os nenos das escolas comprenden á primeira que, si non reciclan as pilas, os nosos mares se contaminan máis. Grazas a Ecopilas podemos concienciar cada día máis nenos e ensiarlles que, si o tiran ao chan, tírano ao mar. Estes concursos son moi necesarios porque alimentan as ganas de manter a nosa natureza limpa”.