O AD Zas Ponciano Nieto achégase ao ascenso pero o AD Zas O Pinar depende de terceiros
Non fallou o AD Zas Ponciano Nieto na súa visita a Vilagarcía. Queda unha xornada na que o equipo zasense pode consolidar o ascenso á 2ª División Nacional, obxetivo fixado polo club dende comezo da tempada.
Os que non tiveron tanto tempo foron os xogadores do AD Zas O Pinar que caeron ante un CTM GAM Promesas que se alza co primeiro posto e o ascenso. Os de AD Zas O PInar terán que esperar ás renuncias de outros equipos para facelo despois de quedar terceiros.
3ª División Nacional
- Resultado: Vilagarcía Craftium - AD Zas Ponciano Nieto (0-4).
1ª División Galega
- Resultado: VTM Pinturas Figueiras - Vilagarcía Craftium Xuvenil (4-0).
Cómoda vitoria dos de Vimianzo ante os arousáns que se presentaron cun equipo de circunstancias.
2ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar - Cambados Promesas (4-3).
- Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Vilagarcia Craftium Promesas (1-4).
- Resultado: AD Zas O Pinar - CTM GAM Promesas (3-4).
- Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - Cambados Promesas (0-4).
- Resultado: AD Zas O Pinar - Vilagarcía Craftium Promesas (4-1).
- Resultado: AD Zas Cafeteria Talladas - CTM GAM Promesas (0-4).
Moi bo ambiente no pavillón de Zas onde as promesas do tenis de mesa luciron o seu xogo. O encontro estelar foi o de AD Zas O Pinar contra os GAM de Meaño onde estes últimos levaron unha axustada vitoria e con ela o primeiro posto do grupo e o ascenso a 1ª División Galega.
Os demais resultados entran dentro da normalidade ainda que as promesas de AD Zas Cafetería Talladas fixeron méritos para gañar algún partido maís.
Vindeira xornada
Este sábado 18 de marzo toca outra xornada chea de tenis de mesa no pavillón municipal de Zas, cunha concentración escolar na que se esperan mais de 70 rapaces e rapazas das comarcas dos arredores. Así desprazaranse dende Camariñas, Cee, Vimianzo, A Baña, Ames, Brión, Negreira e por suposto Zas. Non estarán desta vez os de Noia e Outes por diversos motivos, pero si estarán os do Club Conxo de Santiago.
Será unha concentración, no marco do programa XOGADE da Xunta, que facilita o transporte, por equipos e categorías Benxamín mixto e Alevín, Infantil e Cadete en masculino e feminino.