Luns. 29.04.2024
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto certificou a súa permanencia na 2ª Div. Nacional

AD Zas Ponciano Nieto - Breogan Oleiros-Tenis de mesa
Imaxe dos xogadores do AD Zas Ponciano Nieto e do Breogán Oleiros
O AD Zas Ponciano Nieto certificou a súa permanencia na 2ª Div. Nacional

Ademais da impresionante e pioneira xornada de pinpop adaptado celebrada no pavillón de Zas, a familia do tenis de mesa soneirán tivo tamén unha cita fundamental, coa vitoria do AD Zas Ponciano Nieto ante o Breogan Oleiros que lle certifica a permanencia matemática na 2ª División Nacional.

”Unha proeza para un equipo do rural que ten que pelear contra equipos de cidades ou cercanos a elas e que contan con con mais facilidade para ter xogadores de nivel alto”, sinala fachendoso Stevo Lema, alma do club.

2ª División Nacional

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Breogán Oleiros (5-1).

Non foi doada a vitoria ante Oleiros a pesar de que o resultado abultado asi o poida aparentar. Empezou o encontro co partido que gañou A. Correa para os locais e a continuación o numero tres de Oleiros daba a sorpresa do día superando a Roi Sixto e con eso xurdiron as inquedanzas pois a continuacion enfrentabase Raúl López (nº tres local) contra Javi Canzobre (nº 1 de Oleiros) e nese partido ou mesmo xa no primeiro set decidiuse o discorrer do encontro. Un xenial Raúl superou cun contundente 3-0 a Javi e co mesmo con todas as esperanzas de acadar algo en Zas por parte dos de Oleiros, despois viñeron as fáciles vitorias de Roi Sixto a Juan Ángel ao que lle ten collida a medida (11-6, 11-1, 11-1) e de Andrés a Javi e quedou para o final o partido estelar, pois a pesar de que xa non se xogaban nada tanto Raul coma Luis Azevedo loitaron coma si nel estivera o importante do día, o final 3-2 para Raul (8-11, 11-6, 5-11, 13-11, 12-10). Emoción non lle faltou ao partido.

Estña conseguindo Raul un gran nivel neste final de tempada e con estas dúas vitorias seguro que lle suben os ánimos para seguir nesa liña. Como é loxico todo o equipo celebrou a permanencia na categoria, conseguida a falta de tres xornadas para o final.

2ª Nacional Feminina

O tenis de mesa feminino tamén quere sumarse aos éxitos do masculino, e segue avanzando progresivamente. Esta fin de semana, os equipos AD Zas A Baña- Cee e AD Zas Femenino foron a Meaño na última concentración desta tempada. O AD Zas Feminino sumou a primeira vitoria ante o Monte Porreiro e o AD Zas A Baña-Cee, a pesar de perder os tres encontros, en todos eles gañou un partido.

Máis novas

Comentarios