Unha remontada épica de Roi Sixto permite ao AD Zas Ponciano Nieto aferrarse á 2ª Nacional

Grandísima vitoria do AD Zas en Vigo esta pasada fin de semana, nun encontro moi importante de cara o obxectivo da salvación na 2ª división estatal. Os zaseiros, inmersos nunha dinámica positiva, fican un posto por ribca dos postos de descenso e deixa a Vigo en descenso con 6 puntos.
2ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA
- Resultado: CTM VIGO. - AD ZAS PONCIANO NIETO (2-4)
Andrés Correa gañaba os seus dous partidos, e Roi Sixto e Raúl López lograban ganar un cada un. O partido comezaba con Andrés gañando o nº3 de Vigo por un claro 3 a 0. Logo era o duelo dos numeros 2 de cada equipo. Un partido moi igualado no que Roi Sixto non estivo cómodo en ningun momento do partido e cedía por un apretado 2 a 3 fronte a Juan J. Alonso. Era o turno de Raúl que pouco puido facer fronte o nº1 de Vigo, David González, un xogador con experiencia en ligas superiores, que poñía o 2-1 no xeral para Vigo.
Chegaba o partido chave, porque enfrontaba a Roi con Antón Ocampo, o número 2 de Zas contra o 3 de Vigo. Roi lograba gañar cunha remontada épica o 4º set e acababa vencendo por 3-2 a Antón. Despois Andrés gañou 3 a 0 ao numero 1 local e decidía Raul contra Juan J Alonso. Raúl lograba a vitoria nun partidazo por 3 a 2 contra o experimentado xogador local poñendo o definitivo 4 a 2 no marcador e levando o AD Zas Ponciano Nieto unha importantisima vitoria.
Quedan agora dúas semanas de parón ligueiro e recibirán en Zas ao líder da categoría, Vilagarcia, o 9 de marzo.
CRÓNICAS DO TENIS DE MESA
- Novembro 23: Os equipos de base do AD Zas seguen collendo experiencia na competición do tenis de mesa.
- Novembro 22. Zas mergullouse na maxia do pinpon.
- Novembro 22. O valor social das concentracións de base do tenis de mesa.
- OUtubro 23: Escapóuselle a terceira vitoria ao AD Zas.
- Outubro 23: O AD Zas suma e segue mentres a familias do tenis de mesa costeira disfruta en Cee.
- Outubro 23: O AD Zas consegue unha importante vitoria no seu regreso á 2ª Nacional.
- Xuño 23: O AD Zas Ponciano Nieto confirma o seu ascenso á 2ª División Nacional.