O AD Zas Ponciano Nieto ratificou a súa permanencia na 3ª Nacional
08:18 25/03/22
Volveu á normalidade o tenis de mesa costeiro trala festa provincial. Ademais, con notas positivas como a protagonizada ste pasado sábado por un AD Zas Ponciano Nieto que coa súa vitoria consegue a permanencia na 3ª División Nacional.
Cómpre degustala ademais, pois non está sendo unha temporada con moitas vitorias para os equipos de tenis de mesa da comarca. De feito, foi a única de toda a familia soneirá. En calquera caso, a ilusión non diminúe e as gañas de disfrutar deste deporte continúan intactas. Só hai que ver como se enche o pavillón de Zas cando se fan concentracións escolares.
Estes foron os resultados da pasada fin de semana:
3ª Nacional, Grupo centro
- Resultado: Arteal SD Compostela B - AD Zas Ponciano NIeto (2-4).
- Resultado: Oroso TM Madeiras I. Castros - VTM Pinturas Figueiras (4-0).
1ª Galega
- Resultado: Chinelas (Cambados) - AD Zas O Pinar (4-0).
- Resultado: Cambre El Temple - VTM Aluminios Xeal (4-1).
2ª División Galega
- Resultado: Cambados Promesas - AD Zas Cafetería Talladas (6-1).
Encontros para a vindeira fin de semana
Venres 25 de marzo as 18:45h no pavillón de Zas:
- AD Zas Ponciano Nieto - Arteal Deportes Cibera.
Sábado 26 de marzo ás 17:00h:
- 3ª Nacional: VTM Pinturas Figueiras - Lalín TM, no IES Terra de Soneira.
- 1ª Galega: AD Zas O Pinar - Cambre El Temple, no pavillón de Zas.
- 1ª Galega: VTM Aluminios Xeal - Cambre _Anceis.
- 2ª Galega: AD Zas Cafeteria Talladas - CDTM Top Spin de A Estrada.