Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os arqueiros de Flechas por un Tubo triunfan no trofeo ferrolán e preparan a tempada ao aire libre

Familia de Flechas por un Tubo na competicion de Ferrol de Tiro Con Arco
Os arqueiros de Flechas por un Tubo triunfan no trofeo ferrolán e preparan a tempada ao aire libre

Este domingo os arqueiros máis cativos do Club Flechas por un Tubo achegáronse ata Ferrol, onde se celebrou o XVII Trofeo Entroido Xove.

Os arqueiros do club pontecesán pasárono en grande, gozando do seu deporte en compañía de arqueir@s da súa idade de toda a provincia. Pero ademais, é que deixaron o pavillón bergantiñán ben alto, acadando varios podios.

Na categoría de recurvo benxamín masculino, Adrián González Lema acadou a medalla de prata e Alan Cores Duarte alcanzou unha meritoria cuarta posición.

Na categoría de recurvo alevín masculino, Manuel Souto García foi prata e Mateo Puente Balsa bronce

Vindeira cita

Cada vez queda menos para comezar a tempada de aire libre, pero á familia pontecesá non lle dá chegado o día.

Máis novas

Comentarios