domingo. 08.12.2024
El tiempo

Arte e Movemento arrasa no Campionato de España de 10 bailes

Raul_Sere_2023-Arte e Movemento
Raúl e Serena en acción
Arte e Movemento arrasa no Campionato de España de 10 bailes

Segue arrasando cada campionato no que participa o club Arte e Movemento. Esta pasada fin de semana, Raúl Romero de 12 anos e Serena Díaz de 10 acadaron o título de Subcampións de España da especialidade de 10 bailes en xuvenil II. Esta especialidade está integrada pola combinación dos bailes latinos e standard sendo a máis completa e esixente. “Non contabamos con tan bo resultado porque vimos de estar entrenando centrados no mundial de bailes caribeños, que é unha especialidade moi diferente a 10 bailes” comenta Graciela Toba, presidenta e entrenadora do clube Arte e Movemento.

Raul_Serena_2023-Baile Moderno

Cómpre lembrar que no que vai de ano Raúl e Serena, como parella, á marxe dos logros individuais levan acadado os seguintes titulos:
- 10 bailes: son Campions Galegos e subcampions de España dende este sábado
- Standard: son subcampións de España
- Latinos: son Campions Galegos e 3o de España
- Caribeños parella: son Campións do Mundo de Salsa e Merengue, subcampións do mundo de bachata e campions Galegos
- Salsa Shine dúo: Campions Galegos, Campions de España e Campions do Mundo
- Bachata shine dúo: Campions Galegos, Campions de España e Campions do Mundo.

Máis triunfos costeiros

Pero non foron os únicos deportistas do clube que colleitaron bos resultados no campionato celebrado a fin de semana pasada en Guadalajara :

  • André Liaño e Inés Liaño ascenderon a Categoría B nacional en latinos e standard, tras gañar ambas “copas promoción”.
  • Andrés Parga e Laura Marcote obtieron o 1o posto no Campionato de España da categoría B de standard, o que fai prever que logren o ascenso a finais de decembro a A Nacional

Máis novas

Comentarios