Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Baio conta as horas para a Carreira Nocturna que rescata o espírito das carreiras populares dos 80

Jorge Mira na Carreira de Baio 1991
Jorge Mira na Carreira de Baio 1991
Baio conta as horas para a Carreira Nocturna que rescata o espírito das carreiras populares dos 80

Este sábado 30 de xullo, en Baio, terá lugar a I Carreira Nocturna Porta Grande da Costa. Unha proba recupera o espírito das carreiras populares que se celebraban en Baio ata 1991. Naquela última edición de 1991 o gañador foi Víctor Fábregas (destacado atleta naquela época, que despois se acabaría convertendo en actor, e no coñecido Tucho, do dúo humorístico os Tonechos) e en segundo lugar quedou o físico Jorge Mira.

Mira retou a Fábregas en directo no programa “Land Rober” da TVG, e este aceptou o desquite, que terá lugar 31 anos despois na proba de 3.000 metros. A imaxe deste duelo preside o cartel anunciador da carreira.

A proba terá dúas distancias: 3.000 m (comezo ás 21:15) e 10.000 m (comezo ás 21:45). Haberá tamén diferentes distancias para categorías inferiores.

A proba está organizada por Tabeirón Deportivo, coa colaboración do Concello de Zas e a Deputación da Coruña.

Poden facer aquí as inscricións.

I Carreira Nocturna Baio 2022

Comentarios