Balonmán: O BM Xallas escapa

As xogadoras do BM Xallas no pavillón pontevedrés

Quinta xornada da fase do 11º ao 15º da 1ª Autonómica Feminina con sorte dispar para os equipos costeiros. Se as do Encaixe caían na casa ante o Caselas, as xalleiras conseguían unha gran vitoria en Pontevedra.

As verdes colócanse líderes tras sumar a súa 4ª vitoria segunida, mentres que as camariñás quedan na 3ª praza xa a 4 puntos das primeiras.

1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 5

  • Resultado: SD Teucro - Mantido SL Constru. BM Xallas (24-29)

Desprazábanse as de Mantido Contruccións SL a Pontevedra para desputar o partido de volta contra Correduría Seguros Sd Teucro. Partido moi distinto ao vivido na ida no que as locais xa dispoñian de máis efectivos para plantar cara e dar máis seriedade ao encontro. Aínda así, as xalleiras demostraron que estan a mellorar en tódolos aspectos, cunha defensa moi seria e un ataque fluído conseguían controlar o partido dende o primeiro minuto e acabando cunha clara vitoria.

1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 5

  • Resultado: Mostra do Encaixe - Bm Caselas (26-29).

Caeron as encaixeiras ante o Caselas

 

Máis información

Crónicas do curso