Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BM Xallas puido co Mostra do Encaixe

O BM Xallas no Victor Vigo
O BM Xallas no Víctor Vigo
O BM Xallas puido co Mostra do Encaixe

Derbi costeiro se viviu o domingo na segunda fase da 1ª Autonómica feminina de balonmán. O BM conseguía vencer un apretado no pavillón Víctor Vigo de Camariñas, demostrando a igualdade no grupo.

Houbo doble xornada ademais na categoría. O sábado as xalleiras sumaban outra vitoria ante o Teucro, mentres que as camariñás caían en Salceda de Caselas.

1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 2

  • Resultado: Bm Caselas - Bm Mostra do Encaixe (22-18)
  • Bm Mostra do Encaixe: Binta; Yanira (2), Lucía, Cristina (4), Carla (3), Águeda(1), Marta (3), Nuria, Sara (5).

O sábado, o adestrador Catalán, só poido contar con 9 efectivas para desprazarse a Caselas. “Empezabamos o partido xogando ao ritmo que buscabamos nós ao ter poucos cambios, e pouco a pouco fomos poñéndonos por diante ata que cerca do descanso empataron. No xogo en defensa estábamos ben pero en ataque estivemos algo atascadas sobre todo nalgunhas fases da primeira parte.
Despois do descanso entramos un pouquiño despistadas e colléronnos un pouco de vantaxe as locais, aínda que pouco a pouco ao longo da segunda parte fómonos achegando no marcador, empatando ao pouco tempo do final.
E aí foi cando o feito de ser poucas xogadoras, o cansazo fixo efecto precipitando algunhas accións e equivocándonos en tomas de decisións”.

1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 3

  • Resultado: Bm. Mostra do Encaixe - Mantido SL Construcións BM Xallas (26-28)
  • Bm Mostra do Encaixe: Miriam, Binta; Yanira (3), Paula, Lucía, Cristina (4), Vero (2), Muna (6), Carla (4), Águeda (1), Marta (2), Nuria, Sara (4).
  • Bm Xallas: Miriam, Patricia (2), Inés, Laura (7), Julia, Leticia, Raquel (3), Beatriz (6), Miriam C. (5), Aida(3), Samantha, Zaira (2).

O segundo partido en dous días fixo mella nas xogadoras de ambos equipos. Iniciouse o encontro con pouca intensidade, sobre todo na hora de defender, onde o equipo xalleiro atacaba con máis forza e conseguía marcar goles relativamente fácil. Despois dun cambio defensivo a 5:1 si que as locais atopáronse máis cómodas en defensa pero a precipitación en ataque non lles permitía marcar goles. Como consecuencia, as transicións rápidas do Xallas marchaba 7 arriba ao descanso.
Na segunda parte, o cadro de Catalán subiu o ritmo e foi recortando pero unhas exclusións obrigoulles a xogar con unha menos no campo durante bastantes minutos o que dificultou a remontada.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios