O BM Mostra do Encaixe estivo a piques de derrotar un dos galos da categoría

Enfrontábase esta fin de semana o BM Mostra do Encaixe ao Balonmán Chapela no municipal Víctor Vigo. Un equipo que a falta de dúas xornadas aínda ten as opcións intactas de pasar para o grupo polo título.
O equipo volvía a competición despois do parón da semana pasada polo aprazamento do partido, con menos baixas das que ultimamente estaban tendo, aínda que algunha das xogadoras recuperadas non lles dera tempo a adestrar para o encontro.
As mozas de Catalán fixeron un partido fantástico pero acabaron caendo por apenas un par de goles.
1º Autonómica Feminina, Gr. A, xornada 16
- Resultado: BM Mostra do Encaixe - BM Chapela (23-25)
- BM Mostra do Encaixe : Miriam, Binta; Yanira (2), Vero(1), Muna (4), Carla (6), Águeda (2), Marta (1), Nuria (1), Sara (6), Paula, Lucía, Cristina.
O cadro costeiro comezou o partido moi fortes en defensa. Ao Chapela costáballe anotar goles pero as encaixeiras marcaban con certa facilidade. Esta foi a dinámica xeral da primeira parte na que chegaron a ir 5 goles arriba , chegando ao descanso con 4 arriba.
Na segunda parte o baixón defensivo das locais permitiu que Chapela comezase a marcar con máis facilidade. En cambio, en ataque, salvo nalgúns minutos, conseguían realizar lanzamentos de seis metros sen oposición pero por diversos motivos non conseguían anotar as locais.
Si a isto se lle suman as exclusións que tiveron as de Catalan na segunda parte, o partido xa se nos complicaba. Con todo o choque decantouse nos últimos 2 minutos para o Chapela”, así que a pesar da derrota, as costeiras saen coa cabeza moi alta tralo seu gran patido, a piques dar a sorpresa ante un dos rivais forte da categoría.
Máis información
Novas relacionadas
- 07-02-2022: O Pavillón Víctor Vigo viviu un sábado cheo de balonmán.
- 25-01-2022: Balonmán: O Mostra de Encaixe deixa atrás outro rival
- 18-01-2022: O Bm. Camariñas Mostra de Encaixe comeza o ano cun claro triunfo.
- 17-01-2022: Concello, Bm. Camariñas e Federación Galega únense para fomentar o balonmán na Costa da Morte.
- O Balonmán Camariñas vive un proceso de relevo xeracional