Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Pavillón Víctor Vigo viviu un sábado cheo de balonmán

Canteira do Balonman Camarinas
O Pavillón Víctor Vigo viviu un sábado cheo de balonmán

Este pasado sábado o Balonmán Camariñas vivíu una xornada que lle recordou a época prepandémica. O deporte encheu o pavillón Víctor Vigo de alegría.

Pola mañá, os benxamíns e alevíns saltaban a pista para disputar a xornada correspondente en Camariñas, xunto con outros clubs da provincia como o Balonmán Culleredo, Bm Xiria, Bm Xallas, Bm Brigantium, Bm línea 21 e Bm Ribadosar.

Xa pola tarde era a quenda dos cadetes que lle gañaron o Bm Pontedeume por 23-18.

A última cita do día foi para o equipo sénior feminino do Mostra do Encaixe, que caía a 23-31 ante o Bm Tui.

O adestrador “Catalán” comentaba: “O Tui é un equipo dos que loita por quedar entre os tres primeiros e clasificarse no grupo polo título. Tivemos moitas baixas, 6 concretamente, e chegamos ao partido moi xustos de efectivos e cos cambios contados. Sabiamos o que tiñamos que facer e como ía xogar o Tui que é un equipo moi rápido, pero aínda sabendo de antemán ao que nos enfrontabamos, tivemos moitos problemas para parar a súa segunda oleada", explica.</p>

"Se a todo isto lle sumamos que non estivemos moi acertadas de cara a portería en lanzamentos fáciles de 6 metros e mesmo nos 7 metros, que fallamos 4 ou 5 penaltis, é lóxico o resultado que finalmente se puido ver no marcador. Aínda así o equipo loitou os 60 minutos sen baixar a cabeza”, valorou Catalán.

Comentarios