Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BM Encaixe comeza a segunda fase con vitoria

Bm Encaixe Camarinas senior feminino
O BM Encaixe comeza a segunda fase con vitoria

Arrincaba esta pasada fin de semana a segunda fase da 1ª División Feminina no grupo para quedar entre o 11º e o 14º posto. As xogadoras de Alberto “Catalán” comezaban en Pontevedra, vencendo ao SD Teucro con solvencia.

Neste grupo, as costeiras loitarán polo primeiro posto ante Bm Xallas, Bm Caselas e Bm Teucro, para conseguir quedar na metade da táboa na clasificación final.

1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 16

  • Resultado: Bm Teucro AYF Correduría - Bm Camariñas Encaixe (23-31).

Esta semana terán dobre xornada; o sábado viaxaran a Caselas (ás 17h) e o domingo xogarán, en Camariñas, ás 17h contra o Bm Xallas.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios