Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas Mostra de Encaixe comeza o ano cun claro triunfo

bm Camarinas Encaixe feminino 2021-2022
O Bm. Camariñas Mostra de Encaixe comeza o ano cun claro triunfo

Trala completa renovación da directiva baseada na xente da casa e posta en común coa Federación para espallar o deporte pola comarca, o Balonmán Mostra de Encaixe Encaixe-Camariñas arincou o ano deportivo con moi bo sabor de boca derrotaron en casa ao Pasiva 2.0 Galicia Social de Vigo.

As xogadoras de Alberto Mas “Catalán” sitúanse na 6ª praza da 1ª Autonómica, a pesar das dificultades para adestrar que levan tendo durante toda a temporada, non só pola pandemia e polas lesións, senón tamén porque moitas xogadoras estudan lonxe ou traballan fóra da localidade.

Cómpre resaltar que o equipo sénior feminino conseguiu manter a base da tempada anterior e reforzarse coas xogadoras xuvenís.

1º Autonómica Feminina, Gr. A, xornada 12

  • Balonmán Mostra de Encaixe Encaixe-Camariñas - Pasiva 2.0 Galicia Social de Vigo (36-14).
  • BM. Mostra do Encaixe Camariñas: Bineta, Sara (5), Carla (7), Marta (2), Paula (1), Yanira (1), Tina (1), Muna (11), Nuria (3), Lucía (3), Miriam (2), Águeda, Nerea.

Neste primeiro partido despois do parón de Nadal o equipo saíu á cancha buscando a vitoria. Coa idea de non deixar ao equipo rival poñerse por diante en ningún momento. No comezo as camariñás cometeron algúns erros habituais e máis despois de levar case un mes sen competir, ata que cun cambio do sistema defensivo foron capaces de roubar balóns e facer ataques rápidos o que supuxo distanciarse no marcador.
Repartíronse os minutos entre todas as xogadoras.

Novas relacionadas

Comentarios