Balonmán: Doble triunfo para xalleiras e encaixeiras

A porteira do BM Xallas celebrando unha parada

Tralo derbi da semana pasada, os dous equipos costeiros na Fase para os postos 11º ao 14º da 1ª Autonómica Feminina de Balonmán.

Se o Mantido Construcións SL Bm Xallas gañaban ao BM Caselas en Fontenla, sumando a súa terceira vitoria, as do Mostra do Encaixe facían o propio ante o Teucro, nun choque vital que lles permite ás encaixeiras manterse na loita polo primeiro posto. As xalleiras están líderes do grupo e as camariñás quedan na 3ª praza empatadas co Caselas.

1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 4

  • Resultado: Bm Mostra do Encaixe Camariñas - Teucro AYF (32-29)
  • Bm Mostra do Encaixe: Miriam L., Binta; Paula (1), Miriam P., Lucía(1), Cistina (5), Verónica, Muna (8), Águeda (5), Marta (3), Nuria (4) e Sara (5).
O encontro disputado o domingo na cancha Víctor Vigo de Camariñas, comezou gardando un minuto de silencio polo pasamento de José Ramón Suárez, quen foi xogador do Consevas Boya e adestrador do Encaixe.

A pesar das baixas, as locais mantiveron un gran ritmo todo o encontro. Nos primeiros trinta minutos a baixa intensidade defensiva, os despistes e as malas decisións provocaron que o Teucro marcara goles moi fáciles e ademais en ataque cometéronse erros por querer marcar rápido sen madurar a xogada. Isto provocou que O Mostra de Encaixe fallara nos pases, fixera pasos e perdas de balón sen ser forzadas. A pesar disto, cando o equipo enlazaba 4-5 pases marcaba sen dificultade, o que posibilitou chegar ao final do primeiro tempo con tres goles por debaixo.

Na segunda parte o adestrador optou por un cambio defensivo que unido ao aumento de intensidade provocou o roubo de varios balóns. Esta nova estratexia ocasionou fallos no equipo rival provocando contraataques e saques rápidos que permitiron marcar goles sen oposición e poñendo ao equipo local por diante no marcador. O Teucro reaccionou facendo unha defensa mixta sobre Muna, pero O Encaixe foi quen de manter a diferencia de 3-4 goles ata o final.
Quedan os dous últimos encontros para finalizar a liga e en palabras do adestrador Catalán: “intentaremos sacalos adiante e quedarnos coa primeira praza deste grupo”.

 

1º Autonómica Feminina, 2ª Fase, xornada 4

  • Resultado: Mantido Construcións BM Xallas - BM Caselas (37-27).

Recicibía o Mantido Construccións SL ó ActivamosTuCasa Balonmán Caselas, un rival ao que nunca conseguiran vencer. A pesar deso as xalleiras saían ilusionadas e querían seguir coa racha de vitorias. Así foi que grazas a unha boa defensa e un ataque rápido, sumando que as rivais viaxaban en cuadro, as xalleiras foran dominando a primeira metade sen moitos problemas, chegando ao descanso cunha renda de 5 goles a favor.

Xa na segunda parte, o partido tardaba en retomarse por un golpe que sufriu Carla, xogadora do Caselas á cal lle desexan dende Santa Comba unha pronta recuperación. Debido á este parón ambos equipos entraron fríos e sen ritmo, aínda que as visitantes tiñan menos erros e recortaban distancias. Finalmente uns axustes en defensa e a volta ó xogo rápido en ataque facía que as de Santa Comba controlaran o partido ata o asubío final.

 

Máis información

Novas relacionadas