Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O balonmán tamén chega as rúas de Camariñas, Carballo e Muros

Copa Balonman na rua 1
A deputada de Deportes, Cristina Capelán, e o presidente da Federación Galega de Balonmán, o carballés Bruno López, presentaron este novo evento.
O balonmán tamén chega as rúas de Camariñas, Carballo e Muros

A Federación Galega de Balonmán e a Deputación desenvolven en 7 concellos da provincia un torneo singular, que sacará o deporte á rúa. A Copa 5x5 Deputación da Coruña - Balonmán na Rúa permitirá que nenas e nenos de 6 a 11 anos se acheguen ao balonmán dunha forma lúdica e divertida.

A primeira parada da caravana do balonmán será Carballo esta mesma fin de semana, na que contan co apoio do Concello, dos centros escolares e do club Xiria: “Vai ser unha proba de fogo nunha vila que vive o balonmán con paixón”.

Será unha copa por todo o alto, cunha gran pantalla LED, megafonía, speaker e retransmisión en directo por streamin.

O torneo comezará esta fin de semana (do 3 ao 5 de febreiro) na Praza do Concello de Carballo, e fará parada en Muros (10-12 de marzo), e en Camariñas (do 19 ao 21 de maio).

Inscrición

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse no seu propio centro escolar ou ben cubrir este formulario.

Comentarios