Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Basket: O ACB Costa da Morte-ES Bazarra acostúmase a gañar

acb costa da morte -ES Bazarra baloncesto
Basket: O ACB Costa da Morte-ES Bazarra acostúmase a gañar

Comeza a recuperar efectivos o ACB Costa da Morte, e malia que aínda que algunhas xogadoras seguen con secuelas do Covid, e coa falta de ritmo, sumaron a súa segunda vitoria do curso, conseguidas de xeito consecutivo.

2ª División Senior Feminina - Grupo norte-único, 9ª xornada

  • Resultado: E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE - COOK Terra Chá (59-35)
  • Parciais: 14-7; 9-3; 13-12; 23-13 / Acumulado: 14-7; 23-10; 36-22; 59-35.
  • E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Ana, 5 ptos; Fani, 7 ptos (1 tripla); María Mas, 2 ptos; María Castro, 13 ptos (3 triplas); Sandra, 24 ptos - quinteto inicial- Yaiza, 2 ptos; Iria, 2 ptos; Uxia, 4 ptos.

O E.S. Bazarra Costa da Morte pouco a pouco foi sacando diferenza ante o equipo de Vilalba, o cal plantexou defensas alternativas que por momentos se lle atragantaron ao equipo local e que permitiron que as de Terra Chá reduciran a súa desvantaxe por debaixo dos 10 puntos.
As rapazas do E.S. Bazarra souberon reaccionar e no último cuarto fixeron un dos seus mellores parciais no que vai de liga, logrando o seu segundo triunfo nesta tempada.

O equipo prepárase xa para o choque, de novo ante o COOK CB Terra Chá, este domingo 6 ás 17:00h no Municipal de Vilalba.

Novas relacionadas

Comentarios