Martes. 23.04.2024
El tiempo

Tres bergantiñáns na elite europea do Quidditch, un deporte de novela

Jorge e Silvia son dous bergantinans no Dementores Quiddich
Jorge e Silvia son dous dos bergantiñáns no Dementores do Quiddich
Tres bergantiñáns na elite europea do Quidditch, un deporte de novela

Poucos teredes escoitado falar co Quidditch. Pero tampouco sabían os nosos pais o que era o curling e xa é deporte olímpico…

Na Coruña levan un par de anos practicando este deporte de recente creación que mestura aspectos de rugby e balón prisioneiro. Un deporte, que nace nas novelas como as de Harry Potter, e que foi adaptado á realidade hai apenas 15 anos dende EEUU. Un deporte que cada vez está solicitando máis e máis equipos, non só en España senón a nivel mundial. E comarcal, pois son 3 os xogadores do Dementores A Coruña naturais da comarca de Bergantiños.

Falamos de Jorge Espasandín (Carballo), Silvia Bermúdez (Carballo) e Álex Borrazás (Coristanco). Eles forman parte do club decano deste deporte en Galicia, que non só compite na Liga Galega e a nivel estatal, senón que o vindeiro mes de marzo tamén o farán a nivel Europeo tras quedar clasificados por conseguir o segundo posto na IV Copa de España de Quidditch, celebrada en noviembre de 2018 en Azuqueca de Henares (Guadalajara).

Esta pasada fin de semana tiveron a 3ª xornada da Liga Galega disputada en Pontevedra. E a cousa non lles foi mal a este grupo mixto herculino, pois superarron tanto aos anfitrións dpo Pontevedra Quidditch Club, como ao Lucus Centauri e aos Dinosaur's Army (Forfeit).

Dementores Coruna

Campionato Europeo

Neste ano 2019 participará por segunda vez consecutiva no campionato Europeo que terá lugar en Harelbeke (Bélgica) o 11 e 12 de maio. os coruñeses, como subcampións de España, serán un dos dous equipos españoles participantes, xunto co único equipo que os batíu o curso pasado, o Madrid Lynx.

De feito, xa teñen rivais no seu grupo B da división EDQ D1, onde pariciparán ante o equipo turco do Unicorns Quidditch, os belgas Ghent Gargoyles Quidditch e os ingleses de Oxford Mammoths Quidditch Club.

Pequena entrevista aos costeiros

Esto foi o que nos contaron os protagonistas a esta serie de preguntas:

  • 1. Canto tempo levades no Quidditch?
  • 2. Que vos levou a metervos neste singular deporte?
  • 3. Que ofrece o Quidditch que non atopárades noutra disciplina?.
  • 3. Iredes participar no Campionato Europeo?

 

Silvia BermúdezSilvia Bermudez Dementores Quiddich

  • 1. Desde outubro de 2018.
  • 2. No meu caso eu inicieime neste deporte porque varios dos meus compañeiros (Jorge e Alex) pertencían ao equipo e dixeronme que me unira, que o ía a pasar ben. Ademáis, tamén me unín porque son fan da saga de Harry Potter e por coñercer o deporte ao velo nas "Expo Coruña" e nun torneo no que xogaban os meus amigos realizado en Santiago.
  • 3. Ofrece a posibilidade de participar nun deporte no que todo o mundo pode participar, independentemente do seu xénero, gustous...Ademáis, ofrece un ambiente moi acolledor no que podes disfrutar nn so do deporte senon de persoas increíble que ademáis de compañeiros se convirten en amigos, pertenzan ou nn ao teu equipo.
  • 4. Eu si teño pensado participar, sempre e cando os estudios me deixen participar, pois a pesar de que o campeonato sexa o fin de semana o check-in faise o venres, que coincide con día lectivo.
    Ir a un Campionato Europeo para min significa unha reconpensa por todo os esforzos feitos ata o momento. Tamén significa unha oportunidade de coñecer outros países, culturas e persoas, o cal me apaixona e grazas a este deporte e esta oportunidade podo facelo.

Jorge Espasandín

Jorge Espasandin Dementores Quiddich

  • 1. 9 meses.
  • 2. Coñecino xuntos cuns amigos na expootaku de Coruña de casualidade mentres saímos uns minutos descansar e tomar o aire e xusto empezaron molounos e eu mais Alex empezamos a ir.
  • 3. É un deporte diferente e xa practicara moitos antes e este é o máis divertido que coñecín. Sigo xogando ao fútbol pero non me quita o tempo do quidditch, ademais a relación cos compañeiros e boisima o que me fixo seguir aí.
  • 4. Espero que si sempre e cando o traballo me deixe, pero a miña intención é ir e facelo o millor que se poida.

Álex BorrazásAlex Borrazas Quiddich Dementores Coruna

  • 1. Eu levo dende a Expotaku da Coruña do ano pasado, creo que fora en maio.
  • 2- A min a parte de ser un fan de Harry Potter, gústoume o bo rollo que hai entre equipos e entre compañeiros e o deporte en xeral.
  • 3- Vexo unha actitude menos tóxica que por exemplo no fútbol, tamén me gusta a xogabilidade e a temática.
  • 4- O noso equipo ten unha das prazas que nosa rexión, así que intentarei asistir, pero non estou seguro de poder permitirmo.

Como se xoga ao Quidditch?

Cada partido empeza cos seis xogadores, cuxo propósito é intentar anotar un balón chamado “Quaffle” a través dun dos tres aros do equipo contrario, cada vez que a Quaffle pasa polo aro conséguense 10 puntos. Xógase a reloxo parado, no minuto 17 entra en xogo a Snitch e no 18 o  "Buscador". Unha vez que uno dos dous buscadores (cada un pertencente a un equipo) consegue atrapala, gana para o seu equipo 30 puntos e termina o encontro.

O Quidditch é un deporte diferente aos demais, xa que se ten que usar un elemento como hándicap característico, un pau de pvc, ao que se denomina “escoba” que os xogadores deberán levar entre as súas pernas perdendo así movilidad. Outra característica rechamante é que hai catro roles de xogo que interactúan entre eles como parte dun mesmo equipo, pero que teñen funcións e normas distintas no terreo de xogo. Visualmente distínguenselles con cintas de distinta cor nas frontes dos xogadores.

Estas posicións mencionadas son os Cazadores (cinta branca), os Golpeadores (cinta negra), o Gardián (cinta verde) e o Buscador (cinta amarela).

  • Os Cazadores: Cada equipo ten 3 cazadores no campo. Eles encárganse de xogar a Quaffle (pelota de voleyball). A súa función é intentar anotar o balón a través calquera dos tres aros do rival. En resumo, son os goleadores deste xogo.
  • Os Golpeadores: En canto a estes xogadores, hai 2 por equipo. Só poden empregar as 3 Bludger (pelota de balón prisioneiro) que hai no campo (xamais un xogador poderá ter máis dunha en posesión). A súa función é de xogador de apoio, xa que eliminan do xogo durante instantes a calquera membro do equipo contrario. Golpeando coa bludger o corpo do xogador, leste ten que “desmontar do seu escoba” e volver aos seus aros, para tocar calquera dos 3 e para poder volver ao xogo. En resumo, a función dos golpeadores é axudar aos cazadores eliminando xogadores para que resulte máis sinxelo anotar puntos.
  • O Gardián: Só hai 1 por equipo, a súa función principal é protexer os 3 aros. Tamén xoga coa quaffle, e a primeira ollada parece un cazador, pero ten unhas normas distintas. Non poderá ser eliminado por un golpeador dentro da súa área e os cazadores e gardián contrarios non poderán intentar quitarlle o balón ata que abandone a súa zona. Tamén en defensa destaca, xa que é o único xogador que pode pasar a man por dentro do aro para impedir que o contrario anote.
  • O Buscador: Moitas veces a estrela do partido, cada equipo dispón dun buscador no terreo de xogo. Os dous buscadores saen no minuto 18 para atrapar a Snitch (pelota de tenis) a cal leva un Snitch Runner (unha persoa allea aos equipos) na parte de atrás do seu pantalón, metida dentro dunha cinta e suxeitada con belcro. Unha vez que uno dos buscadores consegue a snitch de forma limpa, leste consegue 30 puntos para o seu equipo e terminar o partido.

A primeira ollada no quidditch é unha mestura de varios deportes, como o rugby, o dodgeball e balonmano. Como norma prohíbese que un equipo xogue con xente dun só xénero establecendo “a norma máximo 4”, esta impide que se xogue con máis de 4 xogadores do mesmo xénero no campo.

Cada partido empeza cos 6 xogadores titulares de cada equipo alineados dentro da súa zona de gardián, coas escobas no chan e os ollos pechados (para non ver as ituación da snitch), e os balóns alineados no centro do campo. O árbitro principal, tras ver desaparecer a snitch, grita o sinal “Brooms up” (“escobas arriba”) á que os xogadores reaccionan para obter balóns.

O estilo de xogo é rápido, con cambios de posesión constantes, xa que cada gol dá o control da quaffle ao equipo que o recibiu. Unha vez anótase un gol, a quaffle debe ser entregada ao gardián e a acción renóvase. Os cazadores previamente atacantes deben retroceder ata medio campo, antes de defender con todo os golpeadores non están suxeitos a esta norma. Os partidos poden durar ata 50 minutos, dependendo da habilidade e a resistencia dos buscadores e a snitch.

O ganador determínase pola suma total de puntos tras atrapar a snitch. En caso de empate, xogaríase unha prórroga de 10 minutos ou ata que se atrape de novo a snitch, xa que nesta situación permanecerá no campo e o tempo de espera dos buscadores para entrar ao xogo só é de 30 segundos. Si pasados 10 minutos, ou o partido fica en empate, xógase unha última prórroga. Nesta última prórroga, que se xoga a gol de ouro ou a coller a outra snitch. 

Comentarios