Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Brais Sánchez Cancela e Martín Fernández Romar rozaron as finais en Sort

Martin Romar en Noguera
Martín Romar no río Noguera
Brais Sánchez Cancela e Martín Fernández Romar rozaron as finais en Sort

Disputouse esta pasada fin de semana na vila pirenaica de Sort a segunda proba da Copa de España de Novas Promesas de Slalom, onde o CDM Piragüismo Dumbría acudíu con dous deportistas que competían nas dúas modalidades, tanto en Kayak coma en Canoa. E a cousa non arrancaba mal na xornada do sábado no Campo de Slalom de L ́aiguarola, no río Noguera Pallaresa, onde os mozos deportistas costeiros lograban tres pases as rondas de semifinais sen pasar polá repesca, coa única excepción de Brais Sánchez en C1 debido a un erro entrando nunha porta, pero que subsanou na ronda de repesca, e co que o Cdm Piragüismo Dumbría lograba o pleno para a xornada do domingo.

As cousas xa non rodaron tan ben o domingo. Pasaban as finais os cinco mellores e os deportistas do CDM Piragüismo Dumbría acadaron sendos sextos postos. En C1 Brais foi o sexto mentras que a Martín se lle enchía o barco de auga perdendo calquera opcion de facer unha boa manga. No K1 Matín Fernández que partía co cuarto mellor tempo en preliminares erraba na última porta, co que perdia un tempo precioso que o deixaba as portas da final. Brais Sánchez a pesar de facer unha boa manga, non pasou do oitavo posto.

Brais Sanchez en Noguera
Brais Sánchez Cancela en Sort

Vindeira proba

A vindeira proba do CDM Piragüiso Dumbría son os Campionatos de España de Slalom, que terán lugar na Canle Olímpica de La Seu d ́Urgell, escenario que acolle este ano os Campionatos do Mundo que otorgan as plazas para acudir os Xogos Olimpicos de Tokio do vindeiro ano.

Novas relacionadas

Comentarios