Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas celebra a fase final da Copa Deputación de minibalonmán

campionato minibalonman Camarinas
Camariñas celebra a fase final da Copa Deputación de minibalonmán
Este domingo 22 de maio o pavillón Víctor Vigo acolle a fase final da Copa Deputación da provincia de A Coruña nas
categorías benxamín e alevín.
Desde ás 10 da mañá e ata ás 19:00 horas terán lugar as competicións nas dúas pistas do polideportivo. Participarán nove clubs: Arteixo, Culleredo, Pontedeume, Liceo La Paz, Xiria, Ribadosar, Abegondo, Narón e Camariñas.
Pola mañá realizarase a fase de grupos coa participación de 16 equipos e pola tarde, a partir das 16:00 horas, terán lugar as semifinais, 3º e 4º postos e finais.
Rematarase a xornada coa entrega de trofeos e medallas aos equipos gañadores.

Comentarios