Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Campus 2ProBaloncesto encheu de nivel o pavillón de Cabana

Campus 2probaloncesto Cabana 2
O Campus 2ProBaloncesto encheu de nivel o pavillón de Cabana

Menudo nivel o que se vive no pavillón de Cabana estas semanas coa primeira edición do Campus de Baloncesto 2PRO de Cabana de Bergantiños. Javier Cotelo Rama, presidente da entidade promotora, explica que o campus leva activo dende o 10 de xullo, e que celebrará o seu peche este sábado 30 de xullo ás 12:30h, cun partido de exhibición, entrega de premios e foto de despedida.

Campus 2probaloncesto Cabana adestradore

Esta edición contou con un total 15 adestradores, un fisioterapeuta para 63 participantes, de distintas comunidades autónomas, coma Madrid, Asturias, Cataluña e Galicia. Repartidos en tres grupos un por semana, disfrutando das comodidades o Albergue de Cabana e do catering do Restaurante A Pedra de Nantón.

As intensas sesións de adestramento son de maña e tarde, pero o que mais lles gusta a todos son as competicións de 3x3 das noites, retransmitidas en directo dende o Instagran @2probaloncesto, o total de horas diarias de adestramento supera as sete horas diarias.

Campus 2probaloncesto Cabana 1

”Comezamos coa primeira quenda onde as rapazas estiveron a un grandísimo nivel de xogo e esixencia, na que puidemos desfrutar de xogadoras que están participando actualmente nas preseleccións Españolas, da súa categoría, que subiron moito o nivel competitivo nos adestramentos e partidos”, explica Rama Cotelo.

”Na segunda quenda estiveron os cativos mais pequenos pero non por iso menos activos, demostrando moito interese por aprender a superarse en cada adestramento, aquí tamén tivemos un xogador preseleccionado para o combinado nacional”, continúa.

”Por ultimo tócalle a quenda os cadetes e júniors masculinos, onde atopamos xogadores de gran nivel de xogo e alturas que superan os dous metros. A entrega é total en cada adestramento e o nivel de competitividade é máximo. Seguramente algúns de estes xogadores en poucos anos van formar parte de equipos profesionais. Dous formaron parte de seleccións nacionais”, remata, esperando xa o verán que vén.

Campus 2probaloncesto Cabana

Comentarios