Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A canteira do Club Ciclista Carballo - Vázquez y Reino volveu aos circuitos

Ciclista pequeno do Club Ciclista Carballo Vazquez y Reino en Santiago
A canteira do Club Ciclista Carballo - Vázquez y Reino volveu aos circuitos

Había moitas gañas de voltar á competición na familia do Club Ciclista Carballo - Vázquez y Reino. Tras máis dun ano sen competicións en Galicia, a canteira do club (moitos debutaban) participaron no III Mini btt Cidade de Santiago. A pesar do día de choiva e lama, a ilusión das crianzas fixo que non sentisen o frío.

Foron un total 13 deportistas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, os que participaron nesta proba tras un ano de adestramentos e de escola de ciclismo.

Os resultados, malia ser o de menos, foron os seguintes:

  • Benxamín femenina: María Seoane 5°.
  • Promesa A: Diego Abella 25° e Álex Iglesias 27°.
  • Promesa B: Xoel Suárez 23° e Abel Suárez 24°.
  • Principiante A: Pablo Seoane 36°.
  • Principiante B: Pablo Martínez 33°e Manuel Vales 44°.
  • Alevín femenina: Julia Suárez 11°-.
  • Infantil: Álvaro Amado 52°.
  • Non remataron Alvaro Iglesias (alevín), Uxía Mattiauda (infantil femenina) e Alejandro García (infantil) por problemas mecánicos.

Familia do Club Ciclista Carballo Vazquez y Reino en Santiago

Comentarios